arriba
youtube instagram facebook telefono
Mércores, 27-Maio-202627-May-2026


PortadaseparatorDestacamosseparatorProxecto Abalar


Proxecto Abalar

 

A utilización das tecnoloxías como un recurso máis no proceso de ensino- aprendizaxe e na comunicación coas familias cobra cada día máis importancia en educación. 

 img#37751

Como todos saben, este é o cuarto ano que o noso Colexio participa no proxecto Abalar, compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa cidadanía galega no ámbito da integración das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na práctica educativa. Pero este compromiso non corresponde exclusivamente á Consellería senón que supón unha colaboración entre a Xunta e o noso Centro.

 

O obxectivo principal do proxecto Abalar é transformar os centros educativos tradicionais en centros educativos dixitais. Para isto e segundo convenio, a Xunta proporciona aos centros concertados, ultraportátiles para o uso na aula por parte do alumnado e pola súa banda, o centro dota ás aulas de encerado dixital interactivo, proxector, ordenador de aula, armario de carga para os ultraportátiles e rede Wifi en cada aula.

 

 img#37751Pero o proxecto Abalar non consiste só na dotación de equipamento informático senón que tamén conta coa participación das familias por medio de ”Espazo Abalar”. Este espazo pretende ser outra canle de comunicación entre familia e colexio e ademais dispón dun repositorio de contidos de distintas materias adecuados a distintas idades.

 

 

 

Máis información nos seguientes enlaces:

 

Información xeral (Xunta de Galicia)

 

Información sobre centros concertados (Xunta de Galicia)


Blog de Orientación do Colexio

 

Como se pode ver, é un ambicioso proxecto con distintos e variados campos de actuación.

 

 img#37751


Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de usuario, guardando preferencias, productos visitados, datos de acceso,..., con el fin de ofrecer contenidos adaptados a los intereses del usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume y acepta su uso.
«Ver nuestra política de cookies» | «Más información sobre las cookies». Si tienes alguna duda o sugerencia puedes usar nuestra «sección de contacto.».
PECHAR