A nosa Pastoral
A nosa razón de ser hoxe convértese en mirada cara a unha Igrexa Comunidade, Pobo de Deos, que acolle aos humildes e aos máis pequenos.
Convértese en mirada cara a...
A figura de Xesús, vivo, compañeiro de camiño, que ora e traballa en Nazaret.
A sociedade do século XXI, nova, dinámica e plural.
A persoa, libre, solidaria, responsable.
Os nosos Fundadores, Bonifacia Rodríguez e Francisco Butiñá.
Todas estas miradas convértennos en homes e mulleres apaixonados pola misión educativa, misión que hoxe queremos traducir nun GRAN TALLER.
A escola convértese nun dos poucos ámbitos onde se pode facer pastoral, por iso desexamos que no noso taller todo funcione desde os valores do Evanxeo e ao estilo educativo das Servas de San José.
Pretendemos desenvolver a dimensión transcendente como parte da formación integral do alumnado, mediante o coñecemento dos valores cristiáns expresados a través do carisma de Santa Bonifacia, fomentando a espiritualidade como un proceso dinámico, onde poidan desenvolver a dimensión profunda, que lles sirva como unha ferramenta especial para o diálogo e adquiran un coñecemento, capaz de saber responder os retos que lles pon a vida.
A continuación, enumeramos algunhas das actividades que realizamos a nivel de centro:
- Eucaristías.
- Ofrenda do traballo diario.
- Oración do profesorado. FUNDADORES
- Convivencias do alumnado de ESO.
- Celebración do Día da Paz.
- Semana vocacional en consonancia co resto de centros educativos SSJ de España.
- Mes de maio (ofrenda floral).
- Semana dos fundadores. O día 6 de xuño celebramos todos xuntos o aniversario de Santa Bonifacia.
Ademais participamos noutras actividades en colaboración coa PARROQUIA, co BISPADO, coa DIÓCESE… por exemplo:
-
Domund.
-
Recollida de alimentos.
-
Sementadores de estrelas.
-
Rastrillo solidario.
-
Mans unidas.
-
Semana Teolóxica.
-
Marcha misioneira
Tamén dispoñemos dun asesor relixioso, grupos MSJ (Movemento San José) Rastrillo Solidario e a nosa propia ONG Taller de Solidaridad. (Para máis información, consultar nos seus correspondentes apartados)













