arriba
youtube instagram facebook telefono
Xoves, 28-Maio-202628-May-2026




Calidade

A política de calidade aséntase sobre tres piares fundamentais: a misión (o noso labor na sociedade como centro das “Siervas de San José”), a visión (o que nos comprometemos a facer e ser a medio e longo prazo) e os valores (relacionados cos recursos humanos, materiais, espaciais e espirituais).

 

Xestionamos este tres piares e o proceso de mellora continua a través de tres plans: plan estratéxico, plan de mellora e plan de formación.

 

O plan estratéxico establece os obxectivos e metas que o Centro quere alcanzar nun prazo de catro anos para avanzar pouco a pouco cara á visión definida na política de calidade e no Ideario do Centro. Para cada obxectivo propóñense determinadas actuacións e as persoas ou grupos de persoas responsables da súa realización. Suxírense tamén, indicadores que permitan coñecer o grao de consecución dos obxectivos.

 

O plan de mellora concreta obxectivos anuais acordes co plan estratéxico. Planifica accións para cada obxectivo, establece prazos, responsables e recursos necesarios a partir dunha análise previa da situación. Tamén se especifican indicadores que permiten valorar o nivel de consecución dos obxectivos para os que se determina previamente un nivel desexado.

 

O plan de formación pretende dar resposta anualmente tanto ás necesidades formativas solicitadas polo profesorado como ás que o equipo directivo considere importantes para a consecución das metas definidas no plan estratéxico.

 

A nosa Misión- Visión- Valores guía o noso quefacer educativo, por iso ademais deste tres documentos elaboramos outros plans e protocolos nos que se trata de xestionar o traballo coordinado e colaborador da comunidade educativa para lograr un ambiente máis próximo e familiar no Centro. Como exemplos, podemos citar o plan de acollida (definido na competencia social e cidadá) e o protocolo de asistencia ao alumnado ante casos de accidentes e doenzas. Este protocolo pretende ofrecer unha resposta rápida e coordinada en caso de presentarse calquera incidencia co alumnado. Nel defínense as pautas de actuación por parte do profesorado en primeiro lugar e de portería en segundo lugar ante accidentes de distinta importancia.

 

 



Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de usuario, guardando preferencias, productos visitados, datos de acceso,..., con el fin de ofrecer contenidos adaptados a los intereses del usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume y acepta su uso.
«Ver nuestra política de cookies» | «Más información sobre las cookies». Si tienes alguna duda o sugerencia puedes usar nuestra «sección de contacto.».
PECHAR