Espiritual

A competencia espiritual fala da capacidade para facerse preguntas, así como para atopar respostas, para asombrarse e comprometerse coa realidade do mundo no que vivimos, incluíndo un compromiso coa dimensión trascendente. Ademais, é a capacidade para compartir con outros a propia experiencia espiritual, sentíndose membro activo do grupo co cal se identifica e xunto ao que manifesta a súa relixiosidade.
A experiencia espiritual non é unha experiencia máis, senón a experiencia que vertebra e fundamenta ás demais. Exprésase nunha profunda aspiración a unha visión global da vida e da realidade, visión que integra todos os saberes, transcéndeos e dá sentido á existencia.
Esta competencia debe concibirse como un conxunto de actividades que susciten e esperten o sentir espiritual. Aprender implica un desexo, un proxecto. O espiritual ten un carácter dinámico, de camiño, de procura, de interrogante infinito. Máis importante que a resposta é a propia pregunta, tan importante como o camiño é o camiñar.
No noso Centro desenvolvemos a competencia espiritual mediante o coñecemento dos valores cristiáns expresados a través do carisma de Santa Bonifacia. Coas súas palabras, as súas accións e a súa vida, Bonifacia mostrounos un estilo de vivir hoxe “Nazaret”.
Todo o profesorado do noso centro desenvolve e traballa nas súas respectivas materias a competencia espiritual.













