Colaboramos
CONCURSOS
Para ampliar a formación do noso alumnado e potenciar as súas capacidades participamos en concursos moi variados como poden ser:
Concurso escolar de reciclaxe de cartuchos de tinta- Ampliamos o noso compromiso co medio ambiente concienciando ao alumnado da importancia do reciclaxe adecuado dos consumibles.
Concurso da Constitución (Subdelegación do Goberno)- Cada ano proponse unha temática sobre un capítulo distinto da Constitución Española para afondar no seu coñecemento. Con este concurso conectamos os ensinos da escola coa contorna, coa realidade da vida diaria e ao mesmo tempo, potenciamos a creatividade do alumnado.
Concurso de microrrelato en liña (Concello de Ourense)- Con motivo da celebración da Semana das Letras Galegas convócase este concurso co que se pretende fomentar o uso do galego, aumentar o coñecemento sobre as nosas tradicións, potenciar a capacidade creativa e utilizar as novas tecnoloxías como ferramenta de traballo e escritura. Cada ano proponse unha temática distinta.
Concurso de postais de Nadal- Ademais da participación no concurso organizado pola ANPA do Centro, ofrécese a participación en distintos concursos propostos por outras entidades.
Letras galegas- participamos en concursos literarios organizados polo concello para celebrar o día das letras galegas.
INNOVACIÓN

Aulas Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia)- estas aulas pretender fomentar a investigación e divulgación científica. Esta iniciativa está orientada a espertar nos mozos a curiosidade e a inquietude que nun futuro os pode orientar cara a carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador. Unha tarde á semana, os estudantes desenvolven proxectos de todo tipo traballando colaboradoramente e contando co apoio dun equipo de profesionais con gran experiencia docente.
FORMACIÓN
Ofrecemos charlas informativas sobre temas previamente traballados nas clases e que poidan ser de interese para o alumnado.
Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas (Corpo Nacional de Policía)- partindo da premisa de que a educación é a mellor prevención, axentes da policía nacional imparten charlas formativas sobre distintos temas de interese para a comunidade educativa (Riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías, Acoso escolar, Consumo e tráfico de estupefacientes, Actividade de grupos ou bandas violentas de carácter xuvenil, Violencia de Xénero). O plan tamén inclúe un concurso literario ou de debuxo sobre os contidos tratados nas charlas e a celebración de xornadas de portas abertas en dependencias policiais e exhibicións de unidades policiais.
Servizo de alertas epidemiolóxicas da consellería de Sanidade- persoal especializado imparte charlas formativas sobre condutas aditivas, para tratar de evitar o consumo de alcohol e drogas entre os adolescentes de 3º de ESO.
“Cine e saúde” (Concellaría de Saúde do concello de Ourense)- a través de distintas películas e video-fórum trabállanse temas moi variados con alumnado de ESO.
Centro de Orientación familiar Nóvoa Santos- formación en educación afectivo-sexual dirixida a alumnado de 4º de ESO.
ONG- Fundación “Taller de Solidariedade”- En ocasións contamos coa presenza de "Siervas de San José" que exercen o seu labor como misioneiras en distintos países e que comparten connosco as súas vivencias. Outras veces son voluntarios os que nos dan a coñecer algúns dos proxectos que leva a cabo a fundación. E noutras ocasións, son os membros do comité local de Ourense os que nos informan sobre distintas campañas.
ORIENTACIÓN VOCACIONAL
IES Otero Pedrayo- é o centro adscrito ao noso Colexio, polo que se realiza unha visita ao instituto para coñecer as instalacións, co fin de dar continuidade á formación académica (bacharelato).
Escola profesional Santo Cristo- Por ser unha escola profesional é outra alternativa ao instituto na que se cursan ciclos formativos.
OUTRAS EXPERIENCIAS
Encontros con autores- aproveitamos a oportunidade que nos dan algúns autores para compartir impresións con eles sobre un libro de lectura proposto desde a materia de lingua castelá ou lingua galega.
Almorzos saudables (Concello de Ourense)- a finalidade é cubrir as carencias do almorzo e potenciar, ao mesmo tempo, unha alimentación sa, equilibrada e hábitos saudables e hixiénicos que redunden na sociedade. O almorzo, servido no propio comedor do Centro, vai precedido dunha charla impartida por unha especialista en nutrición.













