arriba
youtube instagram facebook telefono
Xoves, 28-Maio-202628-May-2026


PortadaseparatorDestacamosseparatorSaúde Integral


Saúde Integral

Estamos moi emocionados de poder presentarvos o Programa SI! (Programa de Saúde Integral), un programa que forma parte da Fundación SHE, e que nace da vontade do Dr. Valentín Fuster de difundir entre a sociedade hábitos de vida saudables que poidan contribuír a unha saúde cardiovascular e a unha boa calidade de vida.

No curso 2012-2013 participan neste programa 98 escolas españolas, repartidas entre as comunidades de Madrid, Cataluña e Galicia, que conta con 15 escolas, todas elas en Ourense e entre as que estamos incluídas.

Este programa desenvolve unha estratexia comunicativa e pedagóxica para promover hábitos saudables que contribúan a previr a enfermidade cardiovascular nos nosos nenos dende a primeira infancia.

Dende o Programa SI! dan unha grande importancia á participación activa e constante dos pais, tanto en novos coñecementos coma en actividades que os nenos realizan no colexio, polo que entre outras cousas vos propoñeremos Notas Saudables, coas que vos animamos a traballar cos vosos fillos os catro compoñentes do programa: coñecemento do corpo e coidado do corazón, actividade física, alimentación saudable e xestión de emocións.

No noso Centro, comezamos, coa introdución de todo o ciclo de infantil, para o cal, todas as titoras do devandito ciclo se formaron sobre este programa durante o primeiro trimestre do curso 2012-2013.

 

No curso 2013-2014 implementouse no curso de educación primaria, recibindo tamén unha formación os profesores deste curso igual que no curso anterior os de infantil.

Continuamos co programa, subindo de curso ao mesmo tempo que os nosos alumnos, e introducindo no programa aos novos alumnos que chegan ao Centro.

Esperamos contar coa vosa colaboración en todas as actividades que propoñamos en relación ao programa, e cuxo maior beneficio é educar unha nova xeración implicada no coñecemento e prevención de enfermidades cardiovasculares e o coidado da súa saúde.

Se desexades coñecer un pouco como foi o noso comezo, animámosvos a ver as seguintes fotos con algunhas actividades realizadas durante a nosa primeira incursión neste programa.

FOTOS infantil curso 2012-2013



Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de usuario, guardando preferencias, productos visitados, datos de acceso,..., con el fin de ofrecer contenidos adaptados a los intereses del usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume y acepta su uso.
«Ver nuestra política de cookies» | «Más información sobre las cookies». Si tienes alguna duda o sugerencia puedes usar nuestra «sección de contacto.».
PECHAR