Orientación
O departamento de orientación pretende garantir a participación na actividade educativa como unha vía de asesoramento e apoio permanente ao profesorado, alumnado e ás familias.
Está formado pola dirección, xefatura de estudos, grupos de traballo e etapa, profesora de pedagoxía terapéutica (PT), audición e linguaxe (AL) e o orientador.

Como servizo complementario do Colexio, encárgase de xeito especial das funcións de organización da orientación educativa, psicopedagóxica e académico-profesional e as do plan de acción titorial, de acordo cos criterios establecidos polo Claustro de profesores, as achegas dos titores e as directrices da comisión de coordinación pedagóxica.
As liñas de actuación son:
- Apoio ao proceso de Ensino – Aprendizaxe.
- Necesidades educativas especiais.
- Avaliacións psicopedagóxicas.
- Asesoramento en medidas de reforzo educativo.
- Actividades de titoría (Acción tutorial).
- Técnicas de estudo.
- Educación en valores.
- Asesoramento individualizado ás familias.
- Coordinación coa contorna.
- Servizos sociais.
- Gabinetes psicopedagóxicos.
- Concello.
- Equipo de orientación específico.
- ….
- Orientación académica e profesional.

Para máis infomación pode poñerse en contacto con nós na sección Contacte con nós, seleccionando Departamento de Orientación no menú despregable dos destinatarios ou enviando un correo electrónico a: orientacion@josefinasourense.com
Tamén pode visitar o noso blog:














Departamento de Orientación