Concurso de tarxetas de Nadal
Bases do concurso de tarxetas de Nadal 2016
1) O concurso consiste na creación de tarxetas con motivos relixiosos de Nadal. As postais deben elaborarse no colexio.
2) O tamaño máximo da tarxeta será DIN A-4. No reverso debe indicarse, de forma clara, o nome e curso do alumno ou alumna.
3) Quen pode participar?: Para poder ser premiado no concurso é condición ser socio da ANPA do colexio e estar ao corrente do pago da cota da asociación.
4) Prazo de entrega: As postais deixaranse na Biblioteca do Centro o xoves 1 de decembro entre as 12:30 e as 14:00 h.
5) Premios: Premiarase unha tarxeta por cada clase. Antes das vacaciones de Nadal, representantes da ANPA do centro entregarán un agasallo ao alumno ou alumna premiada en cada clase.
6) Elixiranse algunhas tarxetas para envialas ao concurso da Federación Ourensana de APAs e a otros concursos.

Podes descargar estas bases aquí: Concurso 2016.













