Convivencias ESO
Durante o mes de xaneiro e a primeira semana de febreiro celebráronse as convivencias de 4º e 3º ESO na parroquia de San Pío X e de 1º e 2º ESO no Centro. Estiveron organizadas polo Departamento de Pastoral para compartir e vivir experiencias de fe.
Adicamos unha xornada lectiva a traballar a interioridade, o compartir e a reflexión personal e grupal.
Comézase coa oración da mañá e a continuación, o visionado dunha película permite realizar variadas actividades que axudan a potenciar os valores humanos.

















