Visita Exposición "Sonoro Empeño"
O día 1 de xuño os alumnos de 3º EP visitamos a exposición SONORO EMPEÑO, patrocinada por AFUNDACIÓN.
A selección de obras desta mostra achéganos á relación entre a música e as artes plásticas. Deste xeito, aprendemos que son moitos os puntos que teñen en común estas dúas disciplinas: expresión, ritmo, cromatismo, movemento, estética… Despois da visita, tivemos a gran sorte de converternos en artistas por un día e crear nosas propias obras de arte para representar distintos estilos de música: heavy, música clásica, jazz, música tradicional e rock. Unha experiencia moi interesante e creativa!





























