Viaxe cultural 4º Primaria "Vilamarín"
O pasado venres 1 de xuño, os alumnos de 4º de Primaria fomos de excursión a Vilamarín, ao Centro de Ocio Acougo.
Paseamos en barca, démoslle para comer a ovellas, galiñas, patos..., lanzámonos en tirolesa, coñecemos o tesouro oculto da cidade dos trasgos, fixemos slackline, escalada no rocódromo, xogamos a unha chea de xogos cooperativos...
Foi un día inesquecible con todos os nosos compañeiros de curso!!









































