Visita de Ledicia Costas a 5º de Primaria
O martes visitounos Ledicia Costas, autora de “Escarlatina, a cociñeira defunta”, contounos moitas anécdotas sobre o libro que lemos, resolveunos dúbidas sobre os personaxes e narrounos como xurdiu a necesidade de escribir a historia de Román e Escarlatina.
Pola nosa banda, regalámoslle varias receitas creadas por nós, algunha sobremesa terrorífica e unhas bonitas marionetas.
Moitas grazas por vir e deixarnos gozar de tantos segredos.



























