
Ímonos á "Open Science" de Cambre
A forma máis divertida de penetrarse no mundo da ciencia é a través do xogo, a realizacion de proxectos científicos, a demostración e os experimentos curtos ou Snack Experiments. Esta fin de semana 21 e 22 de setembro de 2019, unha delegación formada por 12 de superheroes do colexio Plurilingüe San José - Josefinas Ourense participarán na Open Science de Cambre demostrando o seu talento e interese polo mundo da ciencia e a investigación. Dous días compartindo experiencias con outros compañeiros/ as coas mesmas inquietudes.













