arriba
youtube instagram facebook telefono
Xoves, 21-Maio-202621-May-2026


PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorCONCURSO VAIA CAZAPO!


CONCURSO VAIA CAZAPO!

anpaantigos alumnoscampamento de veráneducación infantileducación primariaeducación secundariaxeralpastoral
Mércores, 30-Outubro-2019
CONCURSO VAIA  CAZAPO!   - Foto

CONCURSO VAIA CAZAPO!

O PROFESORADO DO SEMINARIO DE LINGUAS (ESO) PON EN MARCHA O
CONCURSO VAIA CAZAPO!
Os gazapos invádennos... Atrápaos!
Se formas parte do alumnado de ESO do noso colexio, desde o Seminario de Linguas propoñémosche que nos axudes a loitar contra os cazapos... estás preparado?
Se queres ser o cazador do mellor cazapo do trimestre e optar a un premio de cine envía antes do 29 de novembro, todos os cazapos lingüísticos que atopes en calquera das linguas estudadas no colexio (galego, español, inglés ou francés) xunto co teu nome, apelidos, grupo e a túa proposta de corrección do cazapo atopado a: seminariodelenguas@gmail.com
BASES DO CONCURSO:
1. O alumnado poderá enviar tantos cazapos, erratas e erros lingüísticos como desexe en Español, Galego, Inglés ou Francés.
2. Os cazapos enviados deben ir acompañados da seguinte información: foto,localización, descrición, data, corrección e datos persoais do alumno concursante - nome, apelidos, número, curso e grupo -.
Os correos recibidos que non cumpran estes requisitos serán descartados.
3. Os correos electrónicos deberán ser enviados a: seminariodelenguas@gmail.com
4. Haberá tres prazos de recepción:
1º- Ata o 29 de novembro de 2019
2º- Ata o 28 de febreiro de 2020
3º- Ata o 8 de maio de 2020
Os cazapos recibidos nun prazo non poderán participar nos seguintes.
5. O xurado estará formado polas profesoras integrantes do Seminario de Linguas e a súa decisión será inapelable.
6. Haberá un único premio por trimestre.


Mais noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de usuario, guardando preferencias, productos visitados, datos de acceso,..., con el fin de ofrecer contenidos adaptados a los intereses del usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume y acepta su uso.
«Ver nuestra política de cookies» | «Más información sobre las cookies». Si tienes alguna duda o sugerencia puedes usar nuestra «sección de contacto.».
PECHAR