SIMPLEMENTE... GRAZAS!
Dende o Equipo de Pastoral queremos amosar o noso agradecemento a todas aquelas persoas e Institucións que colaboraron co Rastrillo Solidario neste curso 23-24.
Grazas á vosa xenerosidade podemos, un ano máis, manter o comedor social infantil que as Servas de San José teñen en Urcos-Perú e colaborar con diferentes proxectos da ONG “Obradoiro Solidario” das SSJ.
O noso agradecemento vai para as Servas de San José e para as nais do Rastrillo que ano tras ano contribúen coa súa axuda, sen vós nada disto sería posible. Tamén agradecemos ás entidades que fixeron as súas doazóns (Real Madrid, Cuevas e grupo Gadis), ao profesorado que participou na iniciativa e a todas aquelas persoas que de forma anónima fan as súas aportacións.
Grazas á xenerosidade de todos vós, podemos continuar co noso traballo de servizo aos demais. Agardamos que o ano que vén máis xente nos acompañe no noso Taller. Animo! …
Un forte saúdo.
Equipo de Pastoral.



















