VISITA EURODIPUTADA ANA MIRANDA PAZ
O venres 16 de maio visitounos a eurodeputada Ana Miranda Paz.
Non había mellor forma de pechar este segundo curso da Escola de Embaixadores do Parlamento Europeo. Durante case dúas horas, compartiu co alumnado de 4o da ESO a súa experiencia como eurodeputada, os seus inicios e experiencias a curto prazo, o funcionamento das institucións europeas e temas fundamentais de actualidade como a intelixencia artificial, a inmigración, a vivenda, o xenocidio en Gaza e a guerra de Ucraína. Foi unha charla moi dinámica e entretida na que interactuou co alumnado simulando un debate parlamentario dun xeito práctico e moi didáctico. Por último, as embaixadoras júnior formularon unha serie de preguntas sobre intelixencia artificial e enganos, as súas experiencias como eurodeputada, o impacto das tarifas de Trump en Galicia, a posibilidade de elevar a idade de voto ata os 16 anos, o status da lingua galega en Europa e a súa opinión sobre os conflitos en Ucraína e a guerra entre Palestina e Israel.
Ao remate, compartiu uns momentos de conversa cos alumnos. Agradecemos a súa presenza e a proximidade mostrada.






























