GRACIAS FAMILIAS
Familias, a vosa implicación no proxecto de Ourense foi incrible!
Queremos darvos as grazas de corazón por toda a vosa axuda e colaboración. A vosa participación activa nas presentacións, organizando e acompañándonos nas saídas, foi fundamental para que este proxecto fose un éxito rotundo. A vosa dedicación enriqueceu enormemente a experiencia de aprendizaxe dos nosos pequenos, permitíndolles descubrir Ourense dunha forma única e emocionante.
Grazas por facer deste proxecto unha aventura inesquecible para todos. Sodes unha parte esencial da nosa comunidade educativa!




















































