COMEZA O VERÁN
Mergullos e Aprendizaxe: Celebrando o Verán !
Celebrar o inicio do verán con mesas sensoriais de auga non é só refrescante e divertido; é unha forma de honrar a curiosidade innata do alumnado, de fomentar a súa autonomía e de proporcionarlles experiencias memorables que sintan as bases para futuras aprendizaxes.
O alumnado de infantil experimentou coas texturas, os sons e as sensacións que a auga lles ofrece. Foi un momento de descubrimento libre, onde cada neno ao seu ritmo, puido explorar, manipular e aprender.
Este ano, ademais, engadimos un toque doce e refrescante ás nosas mesas sensoriais: a creación de xeados imaxinarios! Con recipientes de diferentes tamaños, "ingredientes" como: pompons de cores, arroz de cores, escuma de afeitar … , os pequenos chefs deron renda solta á súa imaxinación. Mesturaron, servido e decorado os seus propios xeados, desenvolvendo non só a súa creatividade, senón tamén habilidades matemáticas ao clasificar e contar, e habilidades sociais ao compartir e colaborar nas súas "xeaderías" improvisadas.
























































